- Fame, soedade e bágoas
Noutrora morría o lume
e os nenos topeneaban
namentras o Manuel
botaba unha ollada ás vacas.
O compañeiro morreu
e os fillos, ¡quen os xuntara!,
que o vento da emigración
espallounos como fiaspas.
¿Por quen agardas, María,
coa Lúa chea de lobos
e as estrela afogadas
na fonda cunca dos ollos?
¿Por quen agardas teimosa
na noite mais ateigada?,
ninguén precisa de tí
nin tí precisas xa nada.
¡Se foses nova!, ¡quen sabe!
se aló nunha patria estrana
atoparía-la quentura
dun home, un pan e unha casa.
Que esta terra soio dá
fame, soedade e bágoas.
¡Ai quen poidera fuxir
na compaña da esperanza!.
Agora xa non, María,
somentes a terra agarda
e chama por ti mainiño
pra que xurdas nas carpazas.
Pra que xurdas na carpazas,
pra que emergullas nas fontes,
pra te acaneares nas arbres
ó compas do vento norte.
Mais agarda outro anaquiño,
miña vella na lareira,
que tein de voltar un día
e han de atopar lume nela.
Tí es que garda-la patria,
María , coa vida acesa,
non deixes morre-lo lume
astra que eles traian leña.
Letras
- A Carolina
A Sarandilleira
A Voda
Ai, Rosiña
Alala da pena
Alalas
Alegría, meus amigos
Aló a medianoite
As Pachocas
Balada dos sete mariñeiros
Brazos pra seitura
Canción pra adormiñar a lembranza
Canción pra escribir mañá
Cantar de cego
Cantar de cego II
Cantia de As Encobras
Cantiga de amigo
Cantiga de berce
Cantiga pra unha antroiada
Canto de seitura
Cara a libertade
Catro mancebos
Cencia do Adro
Compañeira
Con un sombreiro de palla
Costureira
Cristobo
Dame lume
Despedida de ano vello
Dos Martiños
E rorro, rorro meu neno
Fame, soedade e bágoas
Foliada
Foliada das olas
Foliada de Nadela
Foliada do aleixo
Fuxan os ventos
Guedellos de cabra
Irmaus
Iste vaise
Labregos
Longa noite
Melra, meriña
Mencer
Meu carrapucheiriño
Miña mai
Muiñada
Muiñeira de Beariz
Muller
Nana para un amante
No escuro
No pendello do camiño
Nosa señora
O Afiadore
O Aradiño
O carro
O cego andante
O estraperlo
O Lelo
O lobo
O meu amor mariñeiro
O vira vira
Os cesteiros
Pandeiretada
Pandeiretada de outes
Por entre as silveiras
Pra onde vás Maria
Reises de Inifiesta
Reises de Rao(pandeirada)
Romance da lavandeira
Romance da Rufina
Romance de Doña Eusenda
Rorró
San Servando
San Xosé e máis María
Sementeira
Sonín vai
Tempo de mazá-lo liño
Unha mau,amigo
Vaite
Vamos a Belén, amigos
Vamos, compañeiros, vamos
Vamos, vamos rapaciños
Vinde galeguiños, vinde
Vinde ver o neno